Os cursos incluídos no primeiro programa de formación do Cluster TIC Galicia obtiveron unha cualificación media de 3,5 puntos sobre un máximo de 4, segundo a avaliación dos propios alumnos.
Estes cursos desenvolvéronse no mes de novembro e abarcaron áreas formativas como Liderado, Traballo en equipo, Redes e Routers e Voz sobre IP, entre outros. Foron executados por Grupo Academia Postal e contaron con axudas da Consellería de Economía e Industria a través da “Orde de 23 de marzo de 2010 para a concesión de subvencións aos clusters empresariais galegos para a mellora da competitividade”.
Co fin de fortalecer o tecido empresarial galego, as accións formativas enfocáronse para afrontar e resolver os problemas comúns das diferentes disciplinas, así como avanzar na mellora da calidade, a innovación, o proceso tecnolóxico e, en resumo, na formación dos membros do Cluster TIC Galicia.
Segundo apuntan os responsables da impartición dos cursos, estes resultaron “un éxito de participación” e “conseguiron o obxectivo de mellorar a capacitación das persoas traballadoras pertencentes ao conglomerado empresarial que representa o Cluster TIC”. Por outra banda, segundo o interese mostrado polos participantes e os datos rexistrados nas enquisas de avaliación da calidade cubertas polos participantes, estes cursos tiveron unha unha boa acollida.
Os aspectos máis valorados polos participantes nas accións formativas foron o dominio das materias por parte dos docentes e a metodoloxía empregada.
Cadro de valoración da calidade por parte dos
participantes nas accións formativas
Comments