Co obxectivo de mellorar a súa efectividade e facer coherente o seu funcionamento coa elaboración do Plan Estratéxico, o COES do 29 de setembro aprobou unha reorganización dalgúns dos grupos de traballo.
Deste xeito Globalización / Internacionalización e Investigación e Desenvolvemento (I+D) deixarán en suspenso os seus traballos en tanto non sexa presentado o Plan Estratéxico, que debe marcar as pautas para ao futuro. Relacións internacionais será reforzado coa implicación directa do xerente que se incorpore ao Cluster, que será o responsable da súa coordinación. Coñecemento, marketing e dinamización intraempresas contará co apoio directo do servizo de Comunicación do Cluster para o desenvolvemento de ferramentas de comunicación interna, Contactos públicos, políticos e oficiais disolverase a as súas funcións quedarán integradas en Presidencia. Finalmente, crearase un novo grupo de traballo para o desenvolvemento do Código Deontolóxico.
Comentarios