A Axencia para a Modernización Tecnoloxica de Galicia, en diante AMTEGA, a través do Centro Demostrador TIC, queren por en marcha unha nova iniciativa, as Semanas TIC Sectoriais.
O obxectivo desta iniciativa é ofrecer un punto de encontro entre ás empresas do sector TIC e empresas doutros sectores de actividade. En particular, os vindeiros 20, 21 e 22 de marzo terá lugar no CDTIC a “I Semana TIC sectorial adicada ao sector Téxtil”onde:
- Achegarase a oferta tecnolóxica de Galicia para as empresas do sector téxtil a través dun catálogo de provedores e solucións tecnolóxicas de Galicia.
- Sentarase nunha mesa común a usuarios, empresas do téxtil e desenvolvedores tecnolóxicos para definir os retos de futuro pendentes na aplicación das TICs ao téxtil
- Amosarase de forma práctica as solucións máis innovadoras que existen hoxe en día para o sector téxtil.
É preciso que accedan ao seu perfil no
MapaTIC.gal, se xa están rexistrados, ou se rexistren no MapaTIC.gal e,
actualicen ou introduzan as solucións tecnolóxicas específicas para o Téxtil antes do vindeiro martes 26 de febreiro.
A partir dos datos inseridos no MapaTIC.gal, elaborarase o Catálogo de Provedores e Solucións Tecnolóxicas para o Téxtil, que será presentado o vindeiro 20 de marzo.
Esperando que esta iniciativa sexa do seu interés, contacte coa
administración do Cluster TIC ante calqueira dúbida ao respecto que lle poida xurdir.
Comments