ElMuelle Servicios Informáticos: Clausura das Xornadas de Seguridade Informática e Novas Tecnoloxías que se viñan celebrando dende o luns

ElMuelle Servicios Informáticos: Clausura das Xornadas de Seguridade Informática e Novas Tecnoloxías que se viñan celebrando dende o luns


O luns 29 de novembro Mª José Rivadulla, presidenta da Asociación MADOAN, clausurou as Xornadas de Seguridade Informática e Novas Tecnoloxías que dende o xoves 25 se viñan celebrando en colaboración coa empresa informática ElMuelle Servicios Informáticos.

As Xornadas están cofinanciadas con fondos europeos Feder, polo Ministerio de Industria, Turismo y Comercio no ámbito do Plan Avanza, así como pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

Estas Xornadas reuniron a empresarios e traballadores da bisbarra que querían coñecer cómo podían relacionarse cos equipos informáticos con total confianza e seguridade, dende elementos de conexión a Internet como o módem ou router ata a realización de compras on-line utilizando calquera dos medios de pago dispoñibles.

Durante a realización das xornadas observouse unha necesidade neste campo, pero non só enfocado á protección das empresas, senón tamén á dos usuarios en xeral, posto que Internet é un medio co que se trata diariamente que avanza a unhas velocidades non coñecidas en ningún outro medio de información e interactividade, que precisa dunha actualización constante sobre todo, en materia de seguridade.

É por isto que dende a Asociación Madoan e El Muelle Informática acordaron a celebración dunhas novas Xornadas de Seguridade Informática abertas ó público en colaboración coas distintas asociacións de empresarios que estén dispostos a participar da súa realización, durante previsiblemente o primeiro trimestre do ano 2011.

Fuente: ElMuelle Servicios Informáticos

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies