Docuten traslada a súa sede central a HI Coruña

Silvia Camesella,

Docuten traslada a súa sede central a HI Coruña


Docuten, empresa líder en solucións de sinatura dixital e factura electrónica, anuncia o traslado da súa sede central na Coruña. En outubro deste ano, a compañía mudará doPolígono de Agrela, onde permaneceu máis de 8 anos, ao innovador espazo de traballo HICoruña, situado no centro da cidade.

O traslado a HI Coruña representa un paso estratéxico para Docuten, permitindo á empresa traballar nun contorno que fomenta a colaboración e o intercambio de ideas con outrasmentes afíns. "Cremos no valor da comunidade e nas relacións que xorden de compartir espazos con outras compañías que, coma nós, apostan pola innovación, e HI Coruña é o tipode proxecto colectivo que estabamos agardando na cidade.", subliña Brais Méndez, o CEO da compañía. 

O Polígono de Agrela foi un contorno propicio para o crecemento de Docuten, e a empresa expresa o seu agradecemento á comunidade local, especialmente á Asociación de Empresarios de Agrela, da cal foi un orgulloso membro. "A Asociación desempeñou un papel crucial no desenvolvemento do polígono e no apoio ás empresas que aquí operan", comenta Dani Cerqueiro, responsable de comunicación de Docuten.

Este cambio é un reflexo natural do crecemento sostido de Docuten, que nos últimos anos se converteu nunha empresa referente na dixitalización de procesos de sinatura e facturación a nivel estatal.

Sobre Docuten

Docuten é unha empresa tecnolóxica, con sedes na Coruña e Madrid, que leva desde 2009convertendo aos seus clientes en empresas sen papel grazas ao uso das súas tecnoloxías desinatura dixital e facturación electrónica.

Actualmente, a compañía conta cunha plantilla de 36 traballadores de diferentes perfístecnolóxicos, distribuídos por todo o territorio español.

Docuten conta cunha carteira de clientes de referencia, entre os que podemos destacar aDanone, Coosur, Estrella Galicia, Monbake, Grupo Lence, Fribin, Grupo Fuertes, Migasa,Abanca, Grupo Nabeiro.

Para mais información sobre Docuten: https://docuten.com/es/

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies