Dan comezo os cursos de xestión empresarial e seguridade informática do Clúster TIC co financiamento do IGAPE

Óscar Santos Rodríguez,

Dan comezo os cursos de xestión empresarial e seguridade informática do Clúster TIC co financiamento do IGAPE


O programa de especialización en Xestión Empresarial e Organización 4.0 lévase a cabo en colaboración con IFFE Business School


Os cursos de outono do Clúster TIC iniciaron as súas actividades na segunda semana de setembro da man das empresas socias que exercen como relatoras e formadoras. A oferta formativa inclúe dous programas específicos nas áreas de xestión empresarial e ciberseguridade que terán unha duración de 50 horas e se estenderán ata o mes de outubro.

O programa de especialización en Xestión Empresarial e Organización 4.0 lévase a cabo coa colaboración de IFFE Business School, que aporta as súas instalacións e ampla experiencia educativa para a formación teórica que os usuarios inscritos recibirán durante as fins de semana de setembro e outubro.

Os alumnos deste programa proveñen, entre outras, das seguintes empresas galegas Tesalia Capital, INFONET, ABANCA ou Alumen Design.


Pola súa banda, a formación especializada en seguridade, CiberTIC Galicia, contará durante os meses de setembro e outubro con alumnos e alumnas provintes, entre outras, das seguintes compañías:

  • Congalsa S.L.
  • EVELB TECNICAS Y SISTEMAS
  • IGALIA CONSULTORES, S.L. (ABINCO)
  • CZ Veterinaria, S.A.
  • Metalships & Docks S.A.U.
  • PUBLIMUZ INFORMATICA, S.L.
  • Biofabri
  • Emetel
  • RODMAN POLYSHIPS, S.A.U.
  • Aluminios Cortizo S.A.
  • SELMARK SL

Pola súa parte, entre o profesorado destacan os compañeiros de Gradiant e Improsec, que se encargarán de ampliar a formación dos asistentes sobre protección de datos persoais ou a propiedade intelectual.  As sesións tratarán as distintas ameazas e posibles ataques que poden sufrir os sistemas telemáticos dunha entidade. Tamén se fará foco en detectar os perigos agochados en dispositivos móviles. 


Ambos programas contan co financiamento do IGAPE.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies