As nosas asociadas Cinfo, Galvintec, Igalia e Situm, entre as representantes de España no Mobile World Congress de Barcelona

Silvia Camesella,

As nosas asociadas Cinfo, Galvintec, Igalia e Situm, entre as representantes de España no Mobile World Congress de Barcelona


Red.es, entidad pública adscrita ao Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, vén de seleccionar por segundo ano consecutivo ás nosas asociadas Cinfo, Galvintec, Igalia e Situm, entre as 50 pemes tecnolóxicas que estarán no Pavillón de España no Mobile World Congress (MWC) Barcelona 2025, o evento global máis importante e influente dedicado ao sector dixital e á conectividade, que terá lugar do 3 ao 5 de marzo na cidade condal.

O Pavillón de España é o punto de encontro para coñecer o gran potencial do noso país no ámbito tecnolóxico a través dunha selección de compañías que representan un alto grao de innovación. Neste espazo estarán as galegas Cinfo, provedor de tecnoloxía enfocado no mercado de TV OTT; Igalia, consultora especializada no desenvolvemento de proxectos e solucións Open Source; Galvintec, empresa de desenvolvemento de software na nube para unha xestión integral do comercio dixital, e Situm, un dos principais provedores mundiais de tecnoloxía e sistemas de posicionamento para solucións de guiado e monitorización de equipos de traballo en interiores.

As compañías exhibirán neste lugar exclusivo os seus produtos, participarán en presentacións e actividades de networking, ademais de asistir ás conferencias e mesas redondas do evento. A nivel institucional, contarán co apoio do Goberno de España, que compartirá casos de éxito con outros países e actividades de networking con delegacións internacionais.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies