5 outubro 2010
O grupo de traballo Perfil e procedemento de selección do xerente do Cluster concluiu o seu labor coa presentación ao Comité Estratéxico (COES), o pasado 29 de setembro, do seu informe definitivo sobre os candidatos ao posto. Cumprida a súa misión, o grupo disolveuse, recibindo o agradecemento do COES por un labor que resultou ser máis complexo do inicialmente previsto. A data prevista para que o xerente se incorpore ao seu posto é o próximo 25 de outubro.
5 outubro 2010
Por acordo do Comité Estratéxico (COES), o Cluster transmitirá á Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT), a súa visión sobre cales deben ser as prioridades no desenvolvemento da Axenda Dixital de Galicia 2014.gal. Neste senso, o Cluster defenderá a potenciación das accións públicas nas seguintes liñas: - Plan de banda ampla (redes e servizos). - Sector Socio-sanitario, apostando pola optimización de recursos, os servizos orientados á dependencia, a teleasistencia e o apoio aos maiores, así como ao desenvolvemento do concepto de Hospital na casa. - Integración das TIC no sistema educativo. - Optimización de recursos ...
5 outubro 2010
O Cluster TIC ven de aprobar as liñas de formación que se desenvolverán ao longo dos meses de outubro e novembro, comezando así as actividades neste ámbito. Os cursos de formación que se impartirán no período indicado artéllanse en torno a tres liñas temáticas. A primeira está integrada por Dirección e liderado; Planificación estratéxica, e Traballo en equipo. A segunda inclúe Configuración de routers Cisco; Configuración de redes sen fíos Cisco, e Tecnoloxía Cisco en VoIP. Finalmente, a terceira familia de accións formativas está integrada por Sinal TV: satélite, terrestre e cable; Mantemento de redes de fibra óptica, e Desenvolvemento ...
5 outubro 2010
None
Estimado socio e amigo: Poñemos hoxe en marcha o boletín dixital Novas do Cluster TIC Galicia, no que supón unha iniciativa encamiñada a mellorar a comunicación interna e a desenvolver plataformas de coñecemento e cooperación entre os socios. Somos conscientes de que existe unha certa saturación de fontes de información, boletíns, newsletters, noticias e, en xeral, mensaxes que recibimos a diario. Con todo, cremos que é importante para todos nós, como membros do Cluster, dispoñer dun medio a través do cal coñecer de primeira man as actividades, iniciativas e proxectos nos traballa a nosa entidade, así como os resultados ...
8 setembro 2010
O Cluster TIC Galicia recibirá o Premio Iniciativa Empresarial na segunda edición da Noite da Enxeñería en Informática de Galicia, que se celebrará en Santiago de Compostela o vindeiro 15 de outubro. A nova foi feita pública polo propio Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG), organizador do evento. O CPEIG constituiuse en decembro de 2007 como corporación de dereito público e de carácter profesional con personalidade xurídica propia, e conta na actualidade con preto de 300 colexiados. Agrupa obrigatoriamente a todas as persoas que, tendo o título oficial de Enxeñaría en Informática ou Licenciatura en Informática, desenvolven ...
6 xullo 2010
O conselleiro Economía e Industria inaugurou o encontro que durante dous días reúne a emprendedores do sector cos principais fondos de capital risco e ‘business angels’
Javier Guerra Fernández, conselleiro de Economía e Industria, animou hoxe aos inversores a apoiar os proxectos “serios e viables” impulsados por emprendedores e empresas galegas do sector TIC. Segundo sinalou o conselleiro, a colaboración entre os fondos de capital risco privados, as empresas e as administracións públicas é unha fórmula axeitada para impulsar o avance da economía. Guerra fixo estas declaracións na inauguración do Primeiro Encontro Vindeira Capital Network, o evento que reúne hoxe ...17 xuño 2010
A Asemblea Xeral Ordinaria apoia a iniciativa de impulsar un gran pacto tecnolóxico-industrial para Galicia
Os membros do Cluster TIC ratificaron tamén a posta en marcha dun ambicioso plan de captación de investimentos, cuxa primeira actividade será un evento no que participarán os principais fondos de capital risco e que terá lugar no mes de xullo. A organización conta xa con 104 membros: 95 empresas, catro asociacións empresariais e cinco asociacións e colexios profesionais. Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2010. O Cluster TIC Galicia celebrou hoxe en Santiago de Compostela a súa Asemblea Xeral Ordinaria. Na xuntanza, os ...
17 xuño 2010
• Os membros do Cluster TIC ratificaron tamén a posta en marcha dun ambicioso plan de captación de investimentos, cuxa primeira actividade será un evento no que participarán os principais fondos de capital risco e que terá lugar no mes de xullo. O Cluster TIC Galicia celebrou hoxe en Santiago de Compostela a súa Asemblea Xeral Ordinaria. Na xuntanza, os máis de cen membros da organización aprobaron o informe de xestión presentado polo equipo directivo que encabeza Rafael Valcarce Baiget, ratificaron a incorporacion dos novos membros da organización e deron luz verde ao Plan Operativo Anual e ao Presuposto e Contas ...
15 xuño 2010
Valora positivamente a política de Telecomunicacións do Goberno galego e presenta unha serie de iniciativas para, mantendo a actual dirección, dar un importante salto adiante en modernización e competitividade. Unha delegación do Cluster TIC Galicia encabezada polo seu presidente, Rafael Valcarce Baiget, reuniuse hoxe co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo. No encontro participou tamén a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, María del Mar Pereira.
No encontro, os responsables do Cluster TIC expuxeron ante o máximo responsable do Goberno da Comunidade Autónoma Galega a relevancia do sector das Tecnoloxías de Información e das Comunicacións no conxunto ...
15 maio 2010
O Cluster TIC Galicia, integrado por máis dun centenar de entidades pertencentes ao hipersector das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións, asume o labor de impulsar e liderar o avance da comunidade autónoma cara un novo modelo económico baseado na innovación, a produtividade, o valor engadido e o desenvolvemento sostible. Un modelo asentado no coñecemento que é imprescindible para mellorar a capacidade das empresas galegas de competir nos mercados globais e, deste xeito, crear emprego de calidade e garantir o avance económico e social do país. Facer pública esta vontade de asumir un papel de liderado cara a nova economía ...
13 maio 2010
Nunha declaración trasladada á Presidencia da Xunta, o Cluster TIC Galicia asegura que a economía de subsistencia que ten imperado en Galicia non pode ser o modelo para a implantación das novas tecnoloxías. Defende que potenciar a capacidade exportadora de produtos de valor engadido debe ser un obxectivo prioritario, apoiado polo Goberno de Galicia con todos os seus medios. O Cluster TIC defende que Galicia debe dar un paso adiante para virar a tendencia que fai medrar a “fenda dixital”, apostando por ser líder en Europa na implantación e uso das novas tecnoloxías. Esta idea foi trasladada á Presidencia da ...
27 abril 2010
O Comité Estratéxico do Cluster TIC Galicia ratificou a posta en marcha das comisións e grupos de traballo, cos que a entidade comeza a traballar cara aos seus obxectivos estratéxicos. Este método de reparto das tarefas responde ao compromiso expresado desde a presidencia de artellar fórmulas para a participación de todas as entidades representadas no Cluster nos procesos de toma de decisións. Unha destas comisión dedicarase a elaborar unha proposta para os novos estatutos da entidade, compromiso que tamén adquiriu o presidente, Rafael Valcarce, ante a Asemblea Xeral Extaordinaria do 11 de febreiro. O resto de grupos traballarán nas seguintes ...