O Cluster traslada á Xunta as súas prioridades na Axenda Dixital 2014

O Cluster traslada á Xunta as súas prioridades na Axenda Dixital 2014


Por acordo do Comité Estratéxico (COES), o Cluster transmitirá á Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT), a súa visión sobre cales deben ser as prioridades no desenvolvemento da Axenda Dixital de Galicia 2014.gal.

Neste senso, o Cluster defenderá a potenciación das accións públicas nas seguintes liñas:

-          Plan de banda ampla (redes e servizos).

-          Sector Socio-sanitario, apostando pola optimización de recursos, os servizos orientados á dependencia, a teleasistencia e o apoio aos maiores, así como ao desenvolvemento do concepto de Hospital na casa.

-          Integración das TIC no sistema educativo.

-          Optimización de recursos, con redución de gasto asociado e incremento da eficiencia en Medio Rural, Edificios administrativos e Comunicacións de emerxencia

-          Transforma TIC: potenciación da capacidade do sector da economía do coñecemento para impulsar o desenvolvemento económico, o emprego e a innovación de Galicia.

-          Fogar Dixital.

Do mesmo xeito, instarase á Xunta a potenciar accións empresariais nos seguintes sectores considerados estratéxicos: Automoción, Enerxía, Medio Rural, Construción naval, Pesca, Infraestrutura vial e Transporte, Textil e Televisión Dixital. Trátase, segundo explicou o presidente do Cluster ante o COES celebrado o pasado 29 de setembro, de axudar ás empresas TIC galegas a se consolidar como provedores das firmas da nosa comunidade que son punteiras a nivel internacional nos sectores citados.

Como terceiro punto, propóñense criterios para a racionalización dos recursos públicos destinados ao sector TIC, velando por que estes recursos redunden nun fortalecemento das empresas, no fomento da demanda temperá, no respaldo ás empresas que teñan capacidade tractora e a aquelas implicadas activamente na vertebración do sector, e máis no apoio ás iniciativas emprendedoras.

Finalmente, o Cluster TIC fará fincapé ante a SXMIT na importancia de plantexar unha folla de ruta para o desenvolvemento dun pacto tecnolóxico-industrial. Este pacto ha ser capaz de interpretar as necesidades futuras do país e de integrar aqueles axentes que permitan establecer acordos sólidos e estables para desenvolver unha industria tecnolóxicamente avanzada en Galicia.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies