15 December 2010
A asociación empresarial Ineo organiza este xoves 16 de decembro unha xuntanza de profesionais do sector tecnolóxico-dixital con alcance galego e estatal. De feito, está previsto que participen nesta cita, a celebrar en Vigo, os máximos dirixentes das catorce asociacións que constitúen CONETIC, a confederación española de firmas deste eido de actividade. Asemade, intervirán no evento algúns dos máis salientables representantes do tecido produtivo da innovación galega. Ler máis Fonte: Código Cero
15 December 2010
Blusens, a multinacional tecnolóxica galega, anuncia que durante a campaña de Nadal de 2010 ten previsto fabricar 120.000 televisisores (LED e LCD de entre 19 e 22 polgadas) nas súas instalacións do Parque Empresarial Costa Vella, en Santiago de Compostela. A liña de produción, totalmente automatizada, e que permite a produción tanto de televisores coma de discos duros, foi instalada en 2009 para substituír á anterior liña de produción das mesmas instalacións, buscando a optimización e o incremento da cadencia de produción, así como a mellora dos estándares de calidade en fabricación. Ler máis Fonte: Código Cero
14 December 2010
Arteixo Telecom, unha das empresas galegas con máis proxección nacional e internacional grazas á súa aposta pola innovación e o desenvolvemento de produtos tecnolóxicos, e con capacidade para ofrecer as mellores solucións TIC aplicadas a calquera ámbito da economía, vén de poñer en marcha un sistema automatizado para o control intelixente de rego e fertilizantes en tempo real, que ben podería valer para calquera explotación galega, porén, nesta ocasión foi parar a unha plantación de fresas da localidade onubense de Lepe. Este sistema, baseado no despegue dunha rede sen fíos de sensores, é quen de medir os parámetros relacionados co ...
14 December 2010
O pasado venres, a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (EGANET), pechaba o prazo para a presentación de candidaturas aos seus premios anuais, e a satisfacción non puido ser maior ao comprobar que eran máis de 260 as entidades e empresas do noso país que se presentaban aos mesmos. Ler máis Fonte: Código Cero
14 December 2010
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), na súa teima por levar as vantaxes das novas tecnoloxías a tódolos eidos da sociedade galega, vai colaborar nas VIII Xornadas SINDUR: Da Cidade Dixital á Cidade Aumentada, Impulsando a Intelixencia Social en Santiago de Compostela a partir das TIC, que se desenvolverán no mes de xaneiro. As Xornadas Sindur 2010 aplázanse para o mes de xaneiro de 2011 (a data será comunicada proximamente) debido á tormenta de neve que está sufrindo o norte dos Estados Unidos e ao peche dos seus aeroportos, que impide a saída do avión que ...
14 December 2010
Os teléfonos móbiles deseñados para persoas maiores pola súa facilidade de uso e polo tamaño das súas teclas e pantallas están a ser un interesante reclamo para as operadoras de telefonía, e mentres Orange comercializa o seu Esencial fabricado por ZTE, a galega R fai o propio co Emporia Elegance, de fabricación austríaca, que mide 109 x 50 x 12 milímetros, pesa 92 gramos, está orientado para o seu uso para chamadas e mensaxes de texto, conta cunha ampla pantalla OLED monocroma de alto contraste de 1,8 polgadas e con letras de grande tamaño, teclas extragrandes (1 centímetro de ...
9 December 2010
Con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, a Fundación Galicia Europa acolleu a presentación do proxecto galego O Camiño dos Satélites, posto en marcha pola Fundación Tecnoloxía Social (FTS) en colaboración coa Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías de Información e Comunicación (AGESTIC) Os encargados da presentación desta idea foron Enrique Varela Couceiro, presidente da FTS, e José María López Bourio, presidente de AGESTIC, que son á súa vez os impulsores desta iniciativa. O Camiño dos Satélites emprega a tecnoloxía para facer do Camiño de Santiago unha experiencia accesible para todo o mundo, especialmente para aquelas ...
3 December 2010
Nun ''café de redacción' con Benito Vázquez, conselleiro delegado de Everis, e Alejandro Morán, director de Everis en Galicia, publicada hoxe en 'Xornal de Galicia', ambos executivos valoran moi positivamente o labor do Cluster TIC Galicia. Interrogado sobre a "utilidade real" do Cluster; Vázquez indica: "A mí el concepto me gusta. Creo que en España hay una crisis de valor muy fuerte, porque nuestros productos no tienen diferenciación ni por coste ni por valor añadido. Es una batalla que hay que ganar porque es lo único que puede diferenciar un producto. Es una inversión necesaria a medio y largo plazo ...
3 December 2010
Ozona Consulting, compañía especializada en virtualización y proyectos de consultoría de procesos ITIL e ISO 20000, organiza un encuentro TIC Sanitario, el próximo 16 de diciembre, en el Hospital de Sant Joan Despí Moisès Broggi, perteneciente al Consorci Sanitari Integral de Barcelona. En el encuentro se compartirán experiencias sobre los beneficios tanto para los profesionales médicos, como para el paciente, que ha obtenido este centro con el modelo tecnológico implantado recientemente basado en tecnología VDI (Virtual Desktop Infraestructure) de Citrix. Fonte: Ozona Consulting Ler máis
2 December 2010
Prezado socio: O Cluster TIC Galicia segue traballando para mellorar as súas canles de comunicación interna. Neste sentido, unha das prioridades é manter permanentemente actualizada a nosa base de datos de asociados. Con este obxectivo, pedímosche que, tanto se queres cambiar a dirección de correo electrónico na que recibes os comunicados e boletíns do Cluster, como si desexas engadir outra ou outras direccións, nolo comuniques enviando unha mensaxe a info@clusterticgalicia.com, indicando no asunto: Actualización base de datos de socios. Moitas grazas pola túa colaboración e un saúdo. Administración Cluster TIC Galicia
2 December 2010
Los agentes del Sistema Gallego de I+D+I tendrán ocasión de acceder a las claves de éxito en la preparación de propuestas para el VII Programa Marco de la Unión Europea los próximos 15 y 16 de diciembre en Ferrol. La Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia organiza este curso intensivo de dos días en el marco del proyecto europeo ER-INNOVA, en el que participa a través de su Oficina de Programas Internacionales de I+D+I junto con el Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), la Asociación de Empresas Galegas adicadas a ...