Xornada técnica sobre o sector das TIC e o seu impacto nas relacións laborais en Galicia.
O cambio de ciclo propiciado pola pandemia, xuntamente co recoñecemento xeral das eivas das reformas laborais recentes, propicia que dende instancias diferentes se estean lanzando propostas estruturadas de reforma do mercado de traballo. Algunhas, dende instancias sindicais, e outras, dende o mundo da empresa, veñen a pór de relevo a importancia da intelixencia artificial e as TIC no eido das relación laborais. Así mesmo, as liñas programáticas dos partidos políticos inclúen nos seus eixos fundamentais certas iniciativas de reforma normativa que afectan á cerna das institucións de regulación xurídico-laboral.
Neste contexto, é oportuno que se estableza un foro de debate e diálogo no que se compartan e discutan estas iniciativas. Podes consultar o programa completo, aquí.
No evento intervirán tres membros da directiva do Clúster:
16.30 h O teletraballo e os novos modelos de organización. José Ángel Veiga Abeledo. Membro do comité de dirección do Clúster TIC Galicia.
Destinado a estudantes universitarios e profesionais do sector en xeral.
Salón de graos. Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Comments