O 27 de xullo ás 12h terá lugar un webinario da man do CESGA para dar a coñecer a convocatoria aberta do proxecto FF4EuroHPC, que ten por obxectivo fomentar o acceso a tecnoloxías relacionadas coa computación de altas prestacións (HPC) en pemes. Actualmente está aberta a segunda convocatoria (open call) para experimentos de computación avanzada que será obxecto da presente xornada.
FF4EuroHPC quere amosar ás pemes europeas formas de optimizar o seu rendemento co uso de servizos avanzados de HPC en tarefas como o modelado e simulación, análise de datos, aprendizaxe automático, intelixencia artificial e a combinación dos mesmos, e aplicar estas solucións innovadoras en beneficio empresarial.
O obxectivo das convocatorias abertas é xerar experimentos de aplicación en diversos sectores industriais e pretenden financiar experimentos da máis alta calidade, que involucren a pemes innovadoras e áxiles con plans de traballo construídos en torno a obxectivos de innovación, derivados do uso de servizos avanzados de HPC.
Axenda da xornada:
12:00h - Benvida Clúster TIC Galicia
12:05h - Supercomputación e empresa: CESGA e EuroCC - Laura Martínez | CESGA
12:15h - Oportunidades de financiamento para Pemes en HPC. FF4EUROHPC - Adela Penas Franqueira | CESGA
12:35h - Rolda de preguntas
A asistencia é gratuíta, tan só se require comunicación da intención de asistir (info@clusterticgalicia.com) para enviarvos o enlace de acceso á sala virtual.
Streaming
Comments