O Clúster TIC Galicia traballa para poñer en valor o sector galego das tecnoloxías da información e das comunicacións, promovendo a cooperación e desenvolvendo servizos e ferramentas que lles axuden de maneira efectiva a mellorar a súa competitividade e incrementar o seu volume de negocio.
Poden pertencer á Clúster todas aquelas empresas TIC baixo calquera forma xurídica legalmente recoñecida que teñan o seu domicilio social ou fiscal ou instalacións produtivas cun mínimo de tres persoas contratadas a tempo completo por ano na Comunidade Autónoma de Galicia.
Igualmente, poden formar parte da Clúster as Asociacións de empresas TIC, Colexios e asociacións profesionais, Centros Tecnolóxicos e representantes de grandes clientes privados e públicos, individualmente ou en agrupacións industriais, constituídos baixo calquera forma xurídica legalmente recoñecida.
A efectos da súa incorporación á Clúster, enténdese por empresa TIC aquela dedicada á creación de produtos ou a prestación de servizos de software, hardware, internet, telecomunicacións, infografía, mensaxería electrónica, multimedia, redes de mantemento, consultoría, formación, creación e distribución de contidos audivisuales e demais actividades presentes e futuras relacionadas directa ou indirectamente coas tecnoloxías da información e das comunicacións e o ciclo de vida dos contidos multimedia.
Modalidade de adhesión á Clúster:
Las entidades que deseen darse de alta en el Clúster TIC Galicia deben cumplir los requisitos establecidos en los Estatutos.
La tipología de socios reconocida es:
( Artigo 13) Serán socios de pleno dereito:
Grandes Empresas TIC. Aquelas que conten cunha facturación igual ou superior a seis millóns de euros, no último exercicio económico pechado.
Pequenas Empresas TIC. Aquelas que conten cunha facturación inferior a seis millóns de euros, no último exercicio económico pechado.
Asociacións. As asociacións de empresas TIC.
Colexios. Os colexios profesionais TIC.
Centros Tecnolóxicos TIC. Os centros tecnolóxicos TIC.
( Artigo 14) Terán a condición de socios especiais:
Adhesións Temporais. Serán os emprendedores ou empresas de nova creación segundo o establecido no Regulamento de Réxime Interno.
Promotor TIC. Calquera outra entidade integrada na asociación non recollida na clasificación anterior.