PROGRAMA

Día 1 - 28 de outubro

Mediodía | Benvida

O evento dará comezo oficialmente cunha cálida benvida por parte das entidades organizadoras e colaboradoras: AMTEGA, IGAPE, Zona Franca de Vigo e Clúster TIC. Aquí, presentarase a axenda das dúas xornadas, detallando os obxectivos e o enfoque do encontro.

Mediodía | Galicia Ecosystem Collaboration Forum

Espazo dedicado a fortalecer a colaboración entre as principais empresas tecnolóxicas de Galicia e o capital riesgo, co obxectivo de xerar novas oportunidades de negocio e fomentar a creación de startups. Estableceranse as bases dun foro colaborativo permanente onde se presentarán retos, problemas e solucións do sector TIC galego.

Tarde | Experiencia Gastronómica

Tras unha intensa xornada de traballo, os participantes poderán disfrutar dunha cata de vinos galegos guiada por un sumiller, seguida dunha cea picoteo. Este momento ofrecerá unha oportunidade única para relaxarse e continuar o networking nun ambiente máis distendido.

Noite | Barco pola Ría

A primeira xornada concluirá cunha máxica excursión nocturna en barco pola Ría de Vigo. Os asistentes poderán disfrutar das vistas do entorno vigués e dunha noite estrelada, pechando o día nun ambiente inmellorable.


Día 2 - 29 de outubro

Mañá | Inauguración

A segunda xornada comenzará con palabras por parte dos organizadores, preparando o terreo para un día cheo de oportunidades.

Mañá | Presentación La Cantera

Startups.st presentará "La Cantera", un vehículo de inversión dedicado ao descubrimento e apoio de novas startups, detallando o seu enfoque e as oportunidades que ofrece.

Mañá | Presentación dos inversores

Os inversores invitados presentaranse brevemente, ofrecendo unha visión das entidades e fondos que representan, e as oportunidades que buscan.

Mañá | Pitch por parte das startups

As startups participantes terán a oportunidade de presentar os seus proxectos ante o ecosistema. Cada startup disporá de 10 minutos para expor o seu proxecto e 10 minutos adicionais para responder preguntas do público e inversores.

Mediodía | Pitch por parte das startups

A presentación das startups continuará, proporcionando unha plataforma para que todas poidan mostrar o seu potencial e captar a atención dos inversores.

Tarde | Comida e Networking

Un almorzo que servirá de escenario para o networking, onde inversores e emprendedores poderán intercambiar ideas e establecer contactos nun entorno relaxado.

Tarde | Encontros 1to1

A xornada culminará con encontros personalizados entre inversores e emprendedores. Estes encontros 1to1 están deseñados para facilitar conexións estratéxicas e maximizar o valor de cada interacción, ofrecendo unha oportunidade única para crear sinerxias e establecer acordos de colaboración.


*Todas as actividades encóntranse pendentes de confirmación e son susceptibles de cambios.

Modify cookies