Caracterización das empresas. Analizamos a todas as empresas do sector para ter información de primeira man sobre os seus produtos e servizos. Desta forma temos actualizado o catálogo de produtos TIC que é difundido a nivel internacional e que tamén nos dá unha visión completa da cadea de valor existente e dos posibles nichos de mercado.
Oficina Técnica de Proxectos. Asesoramos e axudamos a cumprimentar documentación administrativa e técnica para proxectos individuais ou colectivos para a súa presentación ante a administración.
Gabinete de comunicación. Podemos axudarche coa túa comunicación mediática difundindo nas canles propias do Clúster: Boletín Semanal, Web e Redes Sociais ou, no caso de necesitar apoio na redacción e difusión de notas de prensa, apoiándose na axencia de comunicación do Clúster TIC.
Comunicacións internas entre socios. A rede de contactos de todos os socios do Clúster permite difundir información de especial interese entre os socios, facer consultas entre socios, difundir ofertas, realizar buscas específicas de capacidades, localización de socios para colaboracións concretas e calquera outra comunicación que se necesite realizar entre os socios.
Servizos de I+D+i. Asesoramos e damos apoio en programas de I+D+i, tanto na fase de identificación de proxectos coincidentes coas convocatorias de axudas específicas, como mediante a busca de outras liñas de financiamento posibles ou de socios colaboradores. Tamén organizamos xornadas de transferencia de I+D+i con centros de coñecemento e coas empresas.
Acceso a BBDD Gartner. Gartner é unha empresa de consultoría e investigación en tecnoloxías da información formada por unha rede de analistas independentes e investigadores de distintos ámbitos e con conexións con grandes e pequenas empresas, o que lle permite achegar información fiable no eido tecnolóxico e económico, así como prover de diversas ferramentas para que as empresas e os seus directivos atopen a información que precisan. O aceso a esta información é libre para todos os socios do Cluster TIC.
Internacionalización. Estamos en permanente contacto con institucións públicas que fomentan e apoian iniciativas que incentivan o comercio exterior. Localizamos empresas instaladas en destinos internacionais que poidan colaborar con entidades que se encontren na primeira fase de abrir mercados, ou alcanzar acordos de comercialización de produtos. Organizamos participacións conxuntas en feiras e misións comerciais.
Networking. Organización de encontros e xornadas para favorecer a confianza e a cooperación entre as empresas socias e con potenciais clientes. Xuntanzas para por en común os proxectos e as iniciativas así como as necesidades, dificultades e inquedanzas que poidan ter os socios. Un primeiro paso para chegar á cooperación e a venda.
Relacións con outros sectores. O sector TIC polo seu carácter transversal está permanentemente interactuando con outros sectores produtivos, polo que son fundamentais as actividades conxuntas con outros sectores para favorecer as relacións empresariais, isto materialízase en convenios con outros clústeres e con xornadas e actividades intersectoriais onde se propicia un clima de coñecemento e confianza. O Clúster TIC é socio fundador dos dous HUBs recentemente creados: DIHGIGAL e DATAlife.
Interlocución coa administración. O Clúster ten un contacto permanente coas administracións públicas, de modo que os socios reciben información directa das actuacións das AA.PP., ao mesmo tempo que o Clúster traslada a opinión do sector e colabora no deseño e articulación de accions que teñen repercusión directa ou indirectamente sobre o sector tecnolóxico.