OFICINA DE TRABALLO MADRID, COLOMBIA OU PERÚ

Como resultado do marco de colaboración entre Cluster TIC Galicia e Rawson BPO e aproveitando o desenvolvemento de infraestruturas, humanas e empresariais, que ten Rawson BPO, poñemos a disposición dos socios un servizo nun contorno BPO, exclusivamente para membros do Cluster TIC, que permite realizar a evolución do negocio no mercado de Madrid, Colombia e/ou Perú, coas posibilidades e vantaxes que supón este modelo de alianza.

O servizo ofrece a posibilidade de abrir novas oportunidades de negocio e crecemento, en pouco tempo, e reducir custos e riscos. As empresas asociadas poden acceder ao servizo segundo as súas necesidades: enderezo social / fiscal; Recibir correspondencia; Escritorio fixo ou reservado; Sala de xuntanzas; A subcontratación comercial compartida ou exclusiva, a subcontratación de mercadotecnia, entre outros.

Os membros interesados en coñecer máis detalladamente esta oportunidade deben poñerse en contacto coa oficina de xestión do Clúster TIC (info@clusterticgalicia.com).

Modify cookies