Un marzo de captación de talento para Plexus Tech

Silvia Camesella,

Un marzo de captación de talento para Plexus Tech


Marzo está marcado para Plexus Tech pola procura de novo talento para a empresa. Ao longo do mes, a firma participa en ata tres feiras de emprego. A pasada semana estivo presente en dúas delas, unha na Coruña e a outra en Palma de Mallorca, mentres que a terceira terá lugar a próxima semana en Oleiros.

Desta forma, a compañía achega o mundo laboral de Plexus Tech e a filosofía da “Tecnoloxía con Alma” a futuros tecnólogos.

O primeiro dos encontros tivo lugar o pasado martes 14 de marzo, no Campus da IFFE Business School. Plexus Tech estivo presente na duodécima edición da Feira de Emprego e Talento cunha caseta propia nas instalacións do centro, situado no municipio coruñés de Oleiros. Begoña Iglesias, da área de Talento, encargouse de presentar aos alumnos o modelo Flexology, e as oportunidades laborais e os perfís máis demandados para os equipos de Plexus Tech.

Ao día seguinte, o mércores 15 de marzo, en Palma, Plexus Tech participou activamente na segunda xornada do Job Day UIB da Universitat de lles Illes Balears. Miriam e Alejandro, da nosa oficina da capital da illa, achegaron ao alumnado do centro as oportunidades actuais e de futuro dentro da compañía. O obxectivo foi enfocar a súa carreira profesional aos perfís máis demandados.

Por último, a finais de mes, Plexus Tech participará activamente tamén no encontro Young Talent. Esta feira de emprego, organizada por EF Business School e a Fundación Venancio Salcines, terá lugar o 29 e 30 de marzo, no Campus de Talento do centro, situado tamén en Oleiros.

Con estas tres citas, Plexus Tech enfoca o obxectivo da captación de novo talento que se some aos equipos. Nesta liña, as demandas da compañía, en constante crecemento, deixan clara a necesidade de conseguir máis e novos perfís tecnolóxicos.

Por iso, estes eventos de captación de talento supoñen unha oportunidade moi grande para os mozos. Achégase así Plexus Tech ao futuro da tecnoloxía.


Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies