SgTech, galardoada co Selo Responsabilízate, un recoñecemento ao seu compromiso coa sustentabilidade e a responsabilidade social corporativa

Silvia Camesella,

SgTech, galardoada co Selo Responsabilízate, un recoñecemento ao seu compromiso coa sustentabilidade e a responsabilidade social corporativa


SgTech foi galardoada co Selo Responsabilízate, un recoñecemento de gran prestixio outorgado pola Xunta de Galicia e a empresa Valora na III Edición do seu programa. Este selo é un testemuño do seu constante traballo, compromiso e crecemento en áreas críticas como a sustentabilidade e a responsabilidade social corporativa.

Este recoñecemento non só reflicte o seu esforzo nestas áreas vitais, senón que tamén fortalece o seu compromiso para seguir mellorando e contribuíndo positivamente á sociedade. Ana Martínez, Tender & Contest Manager de SgTech foi fundamental neste proxecto e recibiu o premio en nome de todo o equipo da empresa.

Este logro é tamén un recoñecemento ao apoio continuo da Xunta de Galicia e Valora, quen foi esenciais no proceso de selección e na organización do evento de entrega de selos. Desde SgTech están comprometidos a seguir sendo unha forza para o ben, recoñecendo que a responsabilidade social e ambiental é crucial para empresas de todos os tamaños, non só para as grandes corporacións.

Responsabilidade Social Empresarial

A RSE está a converterse nun compoñente estratéxico clave para as empresas de hoxe. Cunha crecente presión regulatoria en temas de Ambientais, Sociais e de Gobernanza, as empresas deben estar preparadas para responder a estas demandas. Os mercados de investimento e financiamento inclínanse cada vez máis cara a negocios que integren criterios ASG. Ademais, os clientes e a sociedade en xeral están cada vez máis conscientes da importancia da responsabilidade empresarial.

O programa Responsabilízate é unha iniciativa de asesoramento gratuíto dirixida a pequenas e medianas empresas no ámbito da RSE. Este programa non só brinda diagnóstico e formación, senón que tamén promove a incorporación de obrigacións ASG/RSE en diversos modelos de negocio, impulsando así un impacto positivo tanto nos resultados empresariais como na percepción dos grupos de interese.

O programa está aberto a pemes e autónomos con domicilio social ou centros de traballo en Galicia, que cumpran certos criterios financeiros e laborais. A documentación necesaria inclúe un formulario normalizado, copias de escritura de constitución e autorización para a comprobación de datos relevantes.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies