Plexus Tech reforza a súa alianza con Salesforce como novo partner reseller

Silvia Camesella,

Plexus Tech reforza a súa alianza con Salesforce como novo partner reseller


Plexus Tech foi elixido e certificado como novo partner reseller de Salesforce. A compañía vén de pechar o acordo a través do cal reforza a súa alianza coa firma de software e a súa prestixiosa plataforma especializada na xestión das relacións cos clientes (CRM). Este recoñecemento fortalece tamén o noso compromiso, a través do equipo de Customer First, para a transformación dixital das empresas.

Desde hai anos, en Plexus acompañan aos seus clientes nos seus retos tecnolóxicos coa implantación de produtos Salesforce. Agora, con esta certificación, increméntase e mellora este obxectivo empresarial. Ofrecerá así un amplo mapa de solucións, que permiten innovar e achegar valor aos negocios.

Así mesmo, destacan as capacidades de Plexus como partner certificado nas catro nubes: Saes Cloud, Marketing Cloud, Service Cloud e Commerce Cloud.


Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies