Plexus Tech participa nos grandes eventos de Intelixencia Artificial de Galicia

Silvia Camesella,

Plexus Tech participa nos grandes eventos de Intelixencia Artificial de Galicia


Plexus Tech colaborou a semana pasada en tres eventos TIC de referencia, centrados especialmente na Intelixencia Artificial. A compañía tecnolóxica galega, demostrando o seu compromiso coa innovación, participou en tres grandes eventos da comunidade relacionados coa industria tech e a aplicación da IA.

Neste senso, Plexus Tech patrocinou o curso de “Intelixencia Artificial. A electricidade do século XXI”, enmarcada no Ciclo Avances da Real Academia Galega das Ciencias; o I Foro Empresa e Intelixencia Artificial, do diario Quincemil; e nas primeiras xornadas ‘Tecnoloxía e Deporte’, organizadas pola Fundación SD Compostela.

En primeiro lugar, Plexus Tech colaborou co Ciclo Avances, coordinado por Senén Barro, no que se abordaron, en catro interesantes sesións, os retos que require a IA para as empresas e a sociedade, así como a súa influencia no día a día.

Ademais de mostrar o seu apoio ás xornadas, a compañía participou, da man de José Manuel Chao Ardao, Socio Director da Área de Saúde de Plexus, na segunda destas citas, celebrada o martes 24 na sede da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), en Santiago.

O encontro en cuestión xirou arredor do impacto actual e futuro da IA nos sectores da saúde e do emprego, contando coa participación de profesores e investigadores de referencia do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS).

Tralo gran sabor de boca do martes, Plexus Tech estivo presente o xoves 26 de outubro no I Foro Empresa e IA, organizado na Coruña polo diario Quincemil, un encontro que co que tamén colaborou.

Dentro da xornada, Nicolás Sánchez Roel, Chief Data Officer de Plexus, participou na mesa redonda titulada ‘Intelixencia Artificial Xenerativa: retos, oportunidad e o papel da AESIA na súa regulación’.

Con outros expertos de primeiro nivel, abordaron os retos e oportunidades da IA Xenerativa, analizando o papel que pode ter na súa regulación a futura Axencia Estatal de Supervisión da IA (Aesia), que estará situada na Cidade das TIC da Coruña.

Por último, tamén o xoves 26 de outubro, Plexus Tech colaborou coa primeira edición das xornadas ‘Tecnoloxía e Deporte’, organizadas pola Fundación SD Compostela.

Como patrocinador do club, a compañía tecnolóxica mostrou o seu apoio a un evento no que se tratou como a industria tech está xa a revolucionar o mundo do deporte. Con expertos vinculados a ambos sectores, como Enrique Clavijo, director sports de Amazon Web Services (AWS), mostrouse ao público congregado en que aspecto están a ser fundamentais as ferramentas dixitais para clubs e eventos deportivos.

Ademais, púxose de manifesto a importancia de contar coa innovación nas estratexias dos clubs deportivos, unha clave para o seu crecemento, pero que non todos a saben ver.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies