En Plexus Tech apostan pola innovación como motor de transformación dixital. Por iso, veñen de anunciar a súa participación en SORGIA (Sistema de Optimización Baseado en Deep Reinforcement Learning Agents, Xemelgos Dixitais, Investigación Operativa e Algoritmos Xenéticos). Este proxecto pioneiro combina tecnoloxías de vangarda para revolucionar a toma de decisións asistida por intelixencia artificial.
Un novo enfoque para decisións máis intelixentes
SORGIA nace co obxectivo de axudar a persoas e máquinas a tomar decisións óptimas en contornas estáticas e dinámicas. Faino mediante un sistema baseado en IA, capaz de ofrecer recomendacións directas a usuarios ou procesos automatizados. Para iso, apóiase en tecnoloxías como o Deep Reinforcement Learning Agents e os xemelgos dixitais.
Un dos grandes retos que resolve SORGIA é a creación de contornas virtuais de adestramento para modelos de IA. Grazas a esta virtualización, e á xeración de datos sintéticos, os algoritmos poden aprender e evolucionar sen riscos. Todo iso para, finalmente, ofrecer solucións óptimas adaptadas a cada escenario.
Beneficios para empresas de todos os tamaños
O sistema estará dispoñible como servizo SaaS ou con instalación propia en cada organización, cun obxectivo claro:
Ademais, SORGIA democratiza o acceso a estas tecnoloxías. Deste xeito, permite que as PEMES tamén poidan beneficiarse de sistemas avanzados de optimización a un custo moito máis alcanzable que as solucións actuais do mercado.
Cabe destacar que o desenvolvemento de SORGIA conta co apoio do IGAPE -Instituto Galego de Promoción Económica- e da Xunta de Galicia, a través do programa IA360 de Desenvolvemento Tecnolóxico e Innovación mediante o uso da Intelixencia Artificial.
Tamén está apoiado polo Ministerio para a Transición Dixital e da Función Pública, e financiado pola Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e os fondos NextGenerationEU.
A participación en SORGIA reforza o compromiso de Plexus Tech coa transformación dixital e a aplicación práctica da intelixencia artificial no mundo empresarial. Con proxectos coma este, seguen a avanzar cara a un futuro onde a innovación e a tecnoloxía traballan ao servizo da eficiencia e a competitividade das organizacións.
Comentarios