Plexus Tech ten un novo acordo de partnership con Quadient. A compañía integra os servizos dunha plataforma centralizada que impulsa máis de dous billóns de conexións cada ano para as marcas máis fiables do mundo.
Mediante este acordo de partnership, Plexus Tech estará certificado para o emprego de Quadient Inspire, unha plataforma central para levar o control da xeración das comunicacións (contratos, onboarding, facturas, albarás, cartas, membresía da compañía, email márketing, notificacións ou documentos regulatorios), tanto internas como externas.
Ademais, tamén inclúe a construción (pdf, html5, afp, texto, imaxe) e delivery das comunicacións (envío de Whatsapp, email, SMS, push, Spool Impresora). Así mesmo, dentro da propia plataforma, disponse da monitorización da experiencia do cliente (poderanse crear fluxos de monitorización dos procesos de experiencia do cliente).
Deste xeito, os servizos de Quadient caracterízanse por empoderar ao usuario de negocio para a xeración e modificación de comunicacións de maneira independente de TI, seguindo un fluxo de aprobación previsto. Unhas capacidades que agora estarán a disposición para os clientes de Plexus Tech.
A maiores, cabe destacar que o despregamento desta plataforma pode realizarse tanto en On premise, con Quadient Inspire Flex; como en cloud, con Quadient Inspire Evolve SaaS.
Esta circunstancia dá a capacidade de centralizar comunicacións (nunha mesma plataforma atópanse o deseños dos persoais, comunicacións e canles) e independizar as mesmas da infraestrutura e provedores, achegando o máis alto estándar de Seguridade (plataforma Certificada) e SLA de plataforma. Con este acordo de partnership con Quadient, Plexus Tech segue reforzando as súas alianzas no sector tecnolóxico co obxectivo de ofrecer o mellor servizo aos seus clientes.
Quadient, sistema líder en comunicacións
Quadient é o sistema que hai detrás dalgunhas das experiencias de cliente máis significativas do mundo, centrándose principalmente na automatización intelixente das comunicacións cos clientes. Desta forma, conseguen simplificar a conexión entre as persoas e as compañías.
Por iso, Quadient está presente en todo o mundo. E é que grazas á súa premisa de crear conexións relevantes e personalizadas, logran a excelencia na experiencia do cliente.
Customer First, Plexus Tech é especialista no cliente final
Este servizo intégrase agora en Plexus Tech, reforzando a área de Customer First. Neste sentido, a compañía está especializada no cliente final, cun obxectivo claro: a transformación dixital das empresas para xerar valor nos seus negocios.
Nesta liña, en Plexus Tech ofrecen servizos end to end, achegando ás compañías a capacitación de chegar aos clientes de maneira transversal, de forma agnóstica ás tecnoloxías implicadas.
Por iso, mediante este servizo e coas tecnoloxías que integra, entre as que se atopa xa Quadient, Plexus Tech achega ao cliente final todos os servizos, capacidades e opcións que necesita unha compañía, independentemente do touchpoint ou a canle polo que contacte coa mesma (tenda física, web, Marketplace, Department store, reseller…).
Comentarios