A experiencia en ciberseguridade de Plexus Tech está ao servizo dun ente estatal pioneiro en Europa. Trátase da Oficina de Xestión de Crise Cibernéticas Nacionais do Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe), un centro único no vello continente e que ten por obxectivo dar resposta a posibles brechas de seguridade dixital a nivel estatal.
Para este reto, o Incibe elixiu a metodoloxía de Xestión de Crise e Continuidade de Negocio de Plexus Tech. Un ambicioso desafío de innovación liderado pola compañía tech galega, o cal arrincou o pasado ano cun prazo de execución de 36 meses.
Dentro deste proxecto, Plexus Tech ten por obxecto a prestación de soporte, evolución, proba e mellora continua das tarefas asociadas a unha crise de ciberseguridade nacional. Un proceso completo que se desenvolve desde tres puntos de vista diferentes: servizos de mellora continua, de adestramento e de apoio na coordinación.
Neste sentido, adaptaranse os procedementos ás necesidades específicas da Oficina, prestarase axuda e colaboración aos difrentes roles implicados nun contexto de crise de ciberseguridade nacional e levarán a cabo diferentes simulacros durante o proceso para detectar oportunidades de mellora.
Por este motivo, ademais de dotar á nova Oficina do Incibe de novas e mellores ferramentas #ante posibles situacións de risco, o papel de Plexus Tech tamén achegará valor na prestación de apoio nos labores de coordinación das diferentes áreas, así como cos stakeholders implicados.
Un innovador procedemento que se desenvolve froito da experiencia e traxectoria en proxectos similares por parte de Plexus Tech. Nesta liña, a compañía é líder na implantación da cultura da seguridade dixital en negocios e administracións. Cabe citar, por exemplo, a súa participación na adecuación dos Sistemas de Información dos Organismos Públicos da Administración Xeral do Estado ao Esquema Nacional de Seguridade (#ENS); ou o seu papel como consultora experta no programa Activa Ciberseguridade, para que pemes de todo o país poidan abordar a súa transformación dixital.
Comentarios