A empresa especializada en solucións e servizos en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións Zemsania incorporouse ao Cluster TIC Galicia. O novo socio conta con 600 empregados, unha facturación de 19 millóns de euros en 2011 e acordos de colaboración con 150 empresas. O seu crecemento continuado e a súa estratexia de expansión internacional outórganlle a día de hoxe presenza en cinco países –España, Brasil, Colombia, México e Estados Unidos- e este mesmo mes abrirá novas oficinas en outros dous: Perú e en Gran Bretaña (Londres), no que supón a súa saída aos mercados europeos.
Zemsania é provedor de recursos de outsourcing de importantes firmas e ten por vocación establecer alianzas sólidas e duradeiras cos seus clientes, xestionando con eficacia todo o ciclo de relación cos seus profesionais e colaboradores.
A ampla rede de oficinas da compañía, con 12 delegacións en España e sete no estranxeiro, e a súa organización en dúas áreas xeográficas, con sete zonas de negocio, e dúas divisións (Zemsania ICT Professional Services e Zemsania ICT Outsourcing Services) permítelle ofrecer un servizo flexible, dinámico e capaz de adaptarse ás necesidades especificas de cada territorio e negocio.
A delegación de Zemsania en Galicia sitúase na Coruña, cunha segunda oficina en Vigo para dar servizo ás empresas do sur da comunidade autónoma.
Comentarios