O martes 11 de setembro Gradiant organiza, en colaboración co CDTI, a Axencia Galega de Innovación e INEO, unha xornada informativa sobre as próximas convocatorias de financiamento do VII Programa Marco da Comisión Europea. A xornada será gratuíta e terá lugar na sede de Gradiant, o edificio CITEXVI situado no Campus Universitario de Vigo.
Neste Infoday contarase con relatorios a cargo de representantes do CDTI, que cubrirán as próximas oportunidades de financiamento do programa de Cooperación TIC, en particular os retos 1 "Infraestructuras de Rede e Servizo ubicuas e confiables" e 5 "TICs para saúde, envellecemento activo, inclusión e goberno" do programa de traballo publicado pola Comisión Europea para 2013.
Así mesmo, poñerase atención á próxima e última convocatoria do programa Capacidades dedicada á Investigación para Pemes, e analizarase o futuro marco de axudas de I+D+i a Pemes que rexerá no período 2014-2020.
A axenda completa e o procedemento de inscrición gratuíta están dispoñibles na web de Gradiant.
Comentarios