Xornada informativa para socios sobre as axudas do CDTI

Xornada informativa para socios sobre as axudas do CDTI


Constatado o interese dun grupo de socios en participar nunha xornada informativa sobre as axudas á innovación que xestiona o CDTI, estase xestionando unha data para celebrar un encontro con técnicos deste Centro, previsiblemente na semana do 13 ao 16 de maio. Informarase puntualmente de cal é finalmente a data elexida e do lugar de celebración da xornada.

Os socios que estean interesados e aínda non o comunicaran deben poñerse en contacto coa Administración do Cluster, xa que o grupo non está pechado.

En noticia publicada o pasado 26 de abril informouse das liñas xeráis das axudas do CDTI, segundo o exposto en dúas xornada organizada por GAIN.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies