“TIC e Téxtil”: Oferta e demanda para a comercialización online

“TIC e Téxtil”: Oferta e demanda para a comercialización online


O Clúster TIC Galicia e a Confederación de Industrias Téxtiles de Galicia (Cointega) traballan na organización dunha sesión sobre comercialización de produtos de moda a través de Internet, na que poderán participar, tanto  empresas socias, como entidades portuguesas. A data prevista é o próximo 14 de maio.

O plantexamento para desenvolver a xornada, cunha duración de tres horas, será a de reunir a cinco empresas do sector da moda e outras tantas do sector TIC, para identificar necesidades das primeiras e que as segundas poidan propoñer actuacións concretas. Previamente, as empresas TIC farán unha análise das tendas online de firmas de moda propostas por Cointega.

Para a determinación das cinco empresas TIC que se proporán para participar na sesión, tomarase como referencia o Catálogo ModaTIC elaborado polo CDTIC. Os demais socios do Clúster serán convidados a asistir á actividade.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies