A primeira edición do Salón Internacional da Tecnoloxía (SITE), celebrada no recinto feiral de ExpoCoruña entre os días 17 e 18 de novembro, concluíu cun balance de participación moi positivo, coa asistencia de máis de 1.300 visitantes, na súa maioría especialistas dos ámbito das tecnoloxías da información e das comunicacións (TIC), a banca e a administración pública. O Cluster TIC Galicia tomou parte na organización desta nesta iniciativa, que incluíu un congreso, una feira na que participaron 34 empresas tecnolóxicas e un programa de actividades paralelas.
Rafael Valcarce, presidente do Cluster TIC Galcia, formou parte do Comité de Honor e Jorge Cebreiros, secretario do Cluster, integrouse no Comité Organizador de SITE.
Na sesión inaugural do encontro, o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, subliñou a "axilización" da xestión administrativa que está a levar a cabo a Administración autonómica, informou Código Cero. Segundo este mesmo medio, Guerra explicou que o Executivo galego "traballa" para xerar un contexto no que as novas tecnoloxías da comunicación "sexan un elemento cotián dentro de todas as empresas, independentemente do seu tamaño". Pola súa banda, Gonzalo Ruiz, presidente do comité organizador de SITE, dixo que, no actual contexto de crise económica, a "subsistencia" das empresas e a posibilidade de creación doutras pasa necesariamente por aproveitar ao máximo a innovación tecnolóxica.
Na súa conferencia de apertura do SITE, o experto británico en servizos financeiros Chris Skinner, advertiu que os bancos que non adapten os seus tempos e actividades á nova sociedade da post-crise van ten moi complicado competir e superar a desconfianza, informou La Opinión de A Coruña. Skinner engadiu que as relacións do futuro –tamén as comerciais- estarán marcadas pola inmediatez que proporcionan Internet e as redes sociais.
Na segunda xornada, o secretario do Cluster TIC Galicia, Jorge Cebreiros Arce, foi o encargado de moderar o debate sobre “Os roadmaps das organizacións máis innovadores”, nunha mesa redonda na que participou, entre ourtos, Antonio Rodríguez do Corral, xerente de desenvolvemento de negocio de R e vicepresidente do Cluster TIC Galicia.
Segundo informou Silicon News, entre as aportacións máis interesantes dos expertos que participaron en SITE cabe destacar a estimación de que o cloud computing moverá 160.000 millóns de euros en 2014, feita por Adriano Galano, de Fujitsu, ou a defensa da creatividade como unha das armas máis poderosas no sector TIC nun contexto de crise coma o actual. Foi Carlos Rebate, xerente de Estratexia de Indra, quen defendeu esta postura, presentando ademáis o concepto de tecnocio, seguno o cal “a tecnoloxía e o negocio na actualide deben ser inseparables”.
A eAdministración tamén estivo moi presente nos debates, destacándose que en 2008 España ocubaba a vixésima posición no ranking de desenvolvemento da administración electrónica, mentres que actualmente se sitúa no noveno posto. Con todo, o esforzo realizado no é suciciente, segundo defendeu Antonio Jurado, de HP, quen advertiu da necesidade de crear servicios máis efectivos con menor coste, algo que únicamente é posible a través da innovación.
Comentarios