Tagen Ata ven de poñer en marcha comercioenrede.com. Trátase dun espazo que busca animar aos pequenos negocios a vender na rede. Un proxecto concibido como viveiro de experiencias aberto á participación e colaboración con outras empresas.
Preténdese incentivar a participación do pequeno comercio nesta tenda en liña. Faise cunha modesta campaña de Nadal que ofrece produtos orixinais, exclusivos e de comercio responsable.
Levar á rede ás pequenas tendas é a idea central, para así fortalecer o compromiso co pequeno negocio local. Porque é posible mercar no comercio de sempre aínda que esteamos a moitos quilómetros de distancia.
Este é un proxecto aberto que arranca con catro tendas do ámbito local de Ferrolterra: a docería Gascón, a cooperativa de consumo responsable A Xoaniña, a tenda de herbodietética parafarmacia Eva e a tenda de detalles Crisol de Abril. Pero a súa intención é ir acollendo máis comercios que desexen dar os seus primeiros pasos na rede.
comercioenrede.com quere ser un viveiro de experiencias para o pequeno comercio. O obxectivo é impulsar a aprendizaxe para que cada pequena tenda participe e atope o seu propio camiño de venda en Internet.
Fonte: Tagen Ata
Comentarios