O operador galego é, por terceiro ano consecutivo, o que menos reclamacións recibe dos seus clientes en comparación coas grandes compañías do Estado, tendo en conta os datos do primeiro semestre de 2011 publicados pola Oficina de Atención ao Usuario das Telecomunicacións (OUAT) do Ministerio de Industria.
Tomando como base o último estudo deste organismo dependente da SETSI (Secretaría de Estado das Telecomunicacións e para a Sociedade da Información) e comparando os datos de R cos das queixas presentadas á OAUT por cada 10.000 clientes medios das grandes compañías de telecomunicacións españolas, o operador galego é o que menos reclamacións rexistra en 2009, en 2010, e tamén no primeiro semestre de 2011 nos servizos de teléfono fixo, móbil, internet, voz e datos e atención ao cliente.
Fonte: R
Ler máis
Comentarios