None
Dispor dun criterio en función do cal o Cluster poida adoptar unha posición ante eventuais conflitos que afecten a algún dos seus membros ou ao sector TIC en xeral é o principal motivo polo que a Comisión de Deontoloxía se ten plantexado como primeiro obxectivo a redacción dun Código. Así o asegura Jesús Rodríguez Castro (CPEIG), presidente da comisión.
“A comisión considera que ese Código Deontolóxico é indispensable e unha necesidade previa a calquera outro tipo de actuación. Ao mesmo tempo, a simple existencia de dito código resultará positiva para a imaxe do Cluster e dos seus membros, sendo precisamente a xeración de confianza no noso sector un dos obxectivos máis importantes”, explica Rodríguez, quen asegura que a redacción do documento está nunha fase “moi avanzada”, pos xa se ten elaborado un borrador que se presentará a debate na próxima reunión da comisión.
Ao mesmo tempo, a Comisión de Deontoloxía comezou a estudiar a diferentes vías polas cales o Cluster pode prestar apoio aos seus membros neste ámbito. “Non obstante, dado que as actuacións do Cluster poderían ter efectos legais, estase buscando un asesoramento xurídico axeitado que permita presentar unha proposta con suficientes garantías. Con todo este traballo, a comisión ten como obxectivo despregar un catálogo de servizos, xunto cos procedementos máis axeitados para a súa prestación”, conclúe Jesús Rodríguez.
None
Comentarios