Posto en marcha o Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galicia

Posto en marcha o Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galicia


A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, ven de pór en marcha o Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galicia, MapaTIC.gal. Esta actuación é unha iniciativa enmarcada dentro estratexia global da Xunta de Galicia en materia tecnolóxica (Axenda Dixital de Galicia 2014.gal), concretamente no programa correspondente ao Centro Demostrador TIC dentro do eixo de actuación “EconomiC-IT: Empresa innovadora e Economía Dixital”.

O MapaTIC.gal, punto de encontro virtual entre a oferta e a demanda tecnolóxica de Galicia, constitúe unha ferramenta de referencia para o Centro Demostrador TIC de Galicia de cara a identificar provedores e solucións tecnolóxicas de Galicia, así como, potenciais demandantes de tecnoloxía.

Segundo informa o Centro Demostrador TIC de Galicia (CDTIC), “o MapaTIC.gal é unha plataforma web que se consolidará como directorio completo e categorizado de provedores, produtos e servizos TIC galegos, facilmente localizables a través de criterios de busca intelixentes e precisos, por múltiples ámbitos e categorías”, reportando ás empresas provedoras de tecnoloxía beneficios, como a apertura de canles de comunicación cos demandantes que publiquen necesidades tecnolóxicas nas que estou interesado; poder coñecer provedores especializados en tecnoloxías determinadas, ou participar nas actividades organizadas polo CDTIC ou baixo petición de demandantes de tecnoloxía, realizando demostracións prácticas  e entrando en contacto directo con posibles demandantes ou colaboradores.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies