Segundo o Banco Mundial, o Reino Unido é o cuarto país do mundo (e primeiro de Europa) onde é máis doado facer negocios. O atractivo deste mercado é aínda maior no ámbito das TIC, como o demostran un par de datos: o gasto en tecnoloxías, contidos e servizos móbiles é o maior do Vello Continente (1.000 millóns de libras esterlinas), e o comercio electrónico está tan desenvolvido que os británicos gastan o 25% da súa renda dispoñible por medio de compras online.
Agora, ás empresas interesadas neste mercado bríndaselles unha interesante oportunidade: a través de UK Trade and Investment (UKTI), o Goberno británico ven de convocar unha competición para firmas tecnolóxicas españolas que queiran establecerse no país. O premio para o gañador é un programa a medida de visitas cos contactos máis relevantes no Reino Unido.
Ademáis, a empresa que resulte gañadora do concurso tamén recibirá unha entrada para a feira máis relevante do seu sector, cunha única limitación: que a participación na feira en cuestión non teña un custo superior ás 1.000 libras esterlinas.
O xurando do concurso estará formado por un panel de expertos do sector TIC.
Para participar na competición é preciso estar rexistrado como empresa en España, ter intención de establecerse no Reino Unido e dominar o inglés. Ademais, é preciso encher un formulario e envialo antes do 8 de maio a UKTI a través da dirección de correo electrónico andrea.meyers@fco.gov.uk. Algúns dos factores que se valorarán son a novidade da tecnoloxía e a contribución social que esta poida representar.
UKTI aclara que a información de tipo persoal que se solicite para os efectos do concurso se utilizará unicamente para este fin.
Comentarios