Gerardo Crespo, presidente do Cluster TIC Galicia, mantivo unha reunión con Javier Aguilera, director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). O encontro, que tivo lugar o martes día 13 en Santiago de Compostela, serviu para dar un pulo á colaboración entre ambas as dúas institucións.
Crespo e Aguilera coincidiron en que as TIC, polo seu caracter transversal, deben ser consideradas estratéxicas para a economía galega, e o presidente do Cluster presentou varios proxectos que, de saíren adiante, permitirán a participación doutros clusters da Comunidade Autónoma.
Na reunión acordouse tamén a posta en marcha por parte do Cluster de iniciativas para promover o acceso das empresas TIC galegas ás oportunidades de financiamento que ofrecen os fondos de capital risco promovidos pola administración galega.
Comentarios