O presidente do Cluster defende que as TIC contribúen a mellorar a Formación para o Emprego

O presidente do Cluster defende que as TIC contribúen a mellorar a Formación para o Emprego




Rafael Valcarce Baiget, presidente do Cluster TIC Galicia, defendeu que as Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) poden ser ferramentas de gran utilidade para "superar algunhas das debilidades do sistema de Formación para o Emprego", contribuíndo a mellorar aspectos como a avaliación da eficacia das accións formativas, o impacto da formación nos postos do traballo, a personalización das accións, o desenvolvemento dunha formación para o emprego en "tempo real" ou a participación dos traballadores nos procesos de mellora continua nas empresas.

Valcarce engadiu que, a través da Formación para o Emprego, as TIC proporcionan "plataformas e recursos" para adaptarse a un contexto de cambio acelerado no que as competencias esixidas para os postos de traballo evolucionan a gran velocidade. Segundo asegurou, en España a necesidade dun bo sistema de Formación para o Emprego ten especial importancia porque o país ten "un déficit de produtividade directamente relacionado coa escasa formación dos traballadores".

O presidente do Cluster TIC Galicia expuxo estas ideas na súa intervención onte, 27 de setembro, nas segundas Xornadas de Formación para o Emprego “Marcando o rumbo”, organizadas pola Fundación Galega de Formación para o Traballo (FGFT). Neste foro, Valcarce tomou parte no panel “Importancia e usos da Tecnoloxía da Información e Comunicación aplicada na Formación para o Emprego”, no que compartíu mesa con Jaime Barros Leboreiro, subdirector Xeral de Calidade, Interoperabilidade e Seguridade da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT); Covadonga Toca Carús, directora da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, e Alfonso Blasco García, director do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia.

Estas xornadas da FGFT estanse a desenvolver no Palacio de Congresos e Exponsicións de Galicia, en Santiago de Compostela, entre o 27 e o 28 de setembro.

O programa completo das xornadas pode consultarsen na web da FGFT.



Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies