O Plan Estratéxico, a punto para a súa presentación

O Plan Estratéxico, a punto para a súa presentación


O Plan Estratéxico 2011-2013 está xa preparado para a súa aprobación na próxima reunión do Comité de Dirección, o que suporá a luz verde definitiva para a súa presentación aos socios do Cluster, á sociedade civil galega, ás administracións e aos medios de comunicación.
Segundo as liñas mestras que se deron a coñecer na reunión do COES do pasado 16 de novembro, o Plan Estratéxico plantexa converter o Cluster TIC Galicia na organización integradora do macrosector, incrementar a competitividade e promover a expansión comercial para aumentar a cifra de negocio dos membros da organización.
O Plan artéllase en preto de 40 programas de actuación integrados en catro eixos: Aprendizaxe, Procesos internos, Financiamento e Proposta de valor para os membros do Cluster TIC. Cada un dos programas contará con obxectivos ben definidos e indicadores que permitirán facer un seguimento do avance das diferentes liñas de traballo e dispoñer dun cadro de mando integral.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies