O IGAPE e a Escola de Organización Industrial ofrecen cursos gratuitos de Xestión Internacional da Empresa

O IGAPE e a Escola de Organización Industrial ofrecen cursos gratuitos de Xestión Internacional da Empresa


O IGAPE, en colaboración coa Escola de Organización Industrial, organizan cursos gratuítos de Xestión Internacional da Empresa, en diferentes lugares da xeografía galega, a partir do cuarto trimestre de 2012. Estes programas contan cunha duración aproximada duns seis meses.

O curso vai dirixido a aqueles empresarios ou persoal técnico de pemes galegas que teñan a intención de saír aos mercados exteriores ou consolidar o seu actual proceso de internacionalización.

Obxectivo: Formar a responsables de pemes en materia de internacionalización e en áreas de competitividade nun mercado global mediante un programa de formación especializado, baixo a supervisión de expertos na materia.

Método de traballo: A metodoloxía deste programa combina formación en liña con sesións e tutorías presenciais.

O programa inclúe a elaboración dun plan de internacionalización propio da empresa participante.

Servizos adicionais post-formación: acceso á Redepyme, pemes en rede, dirixida a pemes e emprendedores co obxecto de apoiar de forma activa a consolidación e creación de empresas en todos os sectores económicos e favorecer a capacidade das pemes españolas para adaptarse á contorna, a través de formación, asesoramento, foros e puntos de encontro.

Duración do curso: 6 meses, a partir  do cuarto trimestre de 2012.

A matrícula é gratuíta, por estar cofinanciada polo Fondo Social Europeo, Ministerio de Industria, Energía e Turismo e o Igape.

Prazas limitadas. Solicitudes ata o próximo 3 de agosto.

Convocatoria e inscrición, aquí

Información adicional: 902 300 903

Fonte: Igape

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies