O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), na súa teima por levar as vantaxes das novas tecnoloxías a tódolos eidos da sociedade galega, vai colaborar nas VIII Xornadas SINDUR: Da Cidade Dixital á Cidade Aumentada, Impulsando a Intelixencia Social en Santiago de Compostela a partir das TIC, que se desenvolverán no mes de xaneiro.
As Xornadas Sindur 2010 aplázanse para o mes de xaneiro de 2011 (a data será comunicada proximamente) debido á tormenta de neve que está sufrindo o norte dos Estados Unidos e ao peche dos seus aeroportos, que impide a saída do avión que deberia traer ao profesor Mark Wilson ata Santiago de Compostela. Polo tanto este 15 de decembro de 2010 non terán lugar as VIII Xornadas SINDUR: Da Cidade Dixital á Cidade Aumentada. Impulsando a Intelixencia Social en Santiago de Compostela a partir das TIC. Xornadas desenvolvidas ao amparo do Plan Nacional de I+D+i.
Ler máis
Fonte: USC
Comentarios