O colexio profesional de enxeñería técnica en informática organiza un curso para preparar o exame de proyect management profesional

O colexio profesional de enxeñería técnica en informática organiza un curso para preparar o exame de proyect management profesional


O Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) organiza en Santiago de Compostela, o sábado 4 e o domingo 5 de febreiro, un ciclo formativo destinado á preparación do exame de Project Management Profesional (PMP). O taller está aberto a todos aqueles que queiran obter a certificación que avala os coñecementos da metodoloxía de dirección de proxectos máis estendida no mundo. Os colexiados no CPETIG, así como os estudantes de informática da USC, UDC e UVIGO, obterán importantes descontos na matrícula deste taller formativo que dirixirá o coordinador de proxectos de banca na Dirección Xeral de Outsourcing en Tecnocom, PMP e EMBA, Carlos G. Jardón.
O ciclo formativo desenvolverase no Gran Hotel Santiago (Avenida Mestre Mateo 27) e para o mellor aproveitamento do mesmo será necesario que os participantes teñan lido previamente a guía do PMBok. Tamén será preciso que os asistentes leven un portátil co fin de poder realizar as prácticas que leva aparellas o curso. O prazo para a inscrición no taller formativo remata o vindeiro 24 de xaneiro.
A certificación Project Management Professional (PMP) é, nestes intres, unha das máis requeridas por empresas de diversos sectores industriais: empresas de T.I., constructoras e incluso organismos públicos. É a certificación que avala os coñecementos da metodoloxía de dirección de proxectos máis extendida no mundo. Aplicable a todas as industrias, son xa máis de 240.000 os profesionais certificados en máis de 160 países que dirixen e xestionan os seus proxectos con éxito.
PROGRAMA
O programa do curso abordará catro partes ben diferenciadas. Nunha primeira etapa realizarase un rápido repaso dos aspectos claves do PMBok. A continuación, os asistentes realizarán exercicios prácticos coas principais ferramentas necesarias para a obtención desta certificación.
O ciclo formativo completarase coa resolución comentada de exercicios de exame PMP para, posteriormente realizar unha simulación completa de exame de catro horas de duración.
PRAZAS DISPOÑIBLES
O número de prazas dispoñibles é de 20, adxudicándose por orde de inscrición. Para formalizar a solicitude dunha praza é necesario remitir a seguinte documentación:
• Formulario de inscrición (dispoñible na web http://www.cpetig.org). Deberase enviar por e-mail a cursoproxectos@cpetig.org co asunto INSCRICIÓN CURSO XESTIÓN DE PROXECTOS ou por fax ao número 981 937 831.
• Xustificante bancario do abono da matrícula.
• No caso de ser beneficiario da matrícula reducida de estudante deberase enviar documento xustificativo da condición de estudante de Informática dunha das universidades (UDC, USC, UVIGO).
• No caso de compromiso de colexiación ou precolexiación terán de tempo ata o momento do comenzo do curso para entregar a documentación de colexiación.
As prazas serán comunicadas unha vez comprobados os datos da inscrición. Alcanzado o aforo máximo ou rematado o prazo, se fará pública a lista de admitidos ao curso. Os prezos das matrículas serán de 180 para asistentes ordinarios, 90 para estudantes e 30 para colexiados ou persoas con compromiso de colexiación.
Máis información no portal

Fonte:
CPETIG

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies