O Cluster valorou a iniciativa da creación dun fondo de capital risco para empresas tecnolóxicas como “unha excelente noticia”

O Cluster valorou a iniciativa da creación dun fondo de capital risco para empresas tecnolóxicas como “unha excelente noticia”


O Cluster TIC Galicia fixo un balance moi positivo do anuncio feito o día 13 de abril polo conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, de habilitar un novo fondo de capital risco para empresas de base tecnolóxica, cun orzamento de vinte millóns de euros.

Segundo fixo público o Cluster por medio dunha nota de prensa, esta iniciativa constitúe unha excelente noticia para o sector galego das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC), xa que apunta directamente a unha das  principais necesidades coas que se atopan as empresas e os emprendedores: dispor de fontes de financiamento para poñer en marcha os seus proxectos.

O Cluster entende que o capital risco é un recurso adecuado á realidade do sector. Un recurso que, sumado ao desenvolvemento doutras ferramentas financeiras, pode contribuír a acadar os obxectivos de crecemento, internacionalización e competitividade das empresas TIC de Galicia.

Nota de prensa Cluster TIC Galicia

None

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies