O Cluster TIC Galicia participou nas Xornadas sobre o proxecto "Clusteremplea. Fórmulas innovadoras na xeración de empleo: un enfoque clúster"

O Cluster TIC Galicia participou nas Xornadas sobre o proxecto "Clusteremplea. Fórmulas innovadoras na xeración de empleo: un enfoque clúster"




O Cluster TIC Galicia participou durante estes días 28 e 29 de Xuño no proxecto: "Clusteremplea. Fórmulas innovadoras na xeración de emprego: un enfoque clúster", con representantes da Red Andaluza de Desarrollo Estratégico Urbano y Territorial (RADEUT) .

Nesta 2 visita de estudo por parte dos represetantes da Red Andaluza de Desarrollo Estratégico Urbano y Territorial (RADEUT), tratáronse  aspectos como o impacto das TIC na xeración de emprego e o desenvolvemento rexional a través de accións de I+D+i, á vez que RADEUT solicitou información relativa aos participantes fundamentalmente en materia de formación e emprego.

O Cluster TIC Galicia estivo representado polo seu Xerente, D. David Trigo López. Ó encontro asistiron representantes de diversas entidades como a Plataforma Tecnolóxica Vindeira ou do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (GRADIANT).

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies