O Cluster TIC Galicia, en Twitter

O Cluster TIC Galicia, en Twitter


O Cluster TIC Galicia dispón xa dun perfil activo na rede social Twitter. Trátase do primeiro paso da entidade na chamada web 2.0, e supón a posta en marcha dunha canle de comunicación cos seus públicos que aporta as vantaxes da interactividade e do tempo real. Facilitarase así o feed-back cos membros do Cluster, con toda a comunidade vinculada ao sector TIC e coa sociedade en xeral. Twitter axudará á entidade distribuír información en tempo real, facendo partícipe a todos os seus seguidores dos últimos avances e progresos que se produzan nun sector caracterizado pola súa constante evolución.

A conta de Twitter do Cluster TIC Galicia súmase ás ferramentas de comunicación das que xa dispón a entidade, como a páxina web e os boletíns informativos, e suporá un importante apoio para a difusión das actividades da entidade e as novas máis salientables do sector. Próximamente o Cluster continuará desenvolvento a súa presenza noutras redes sociais relevantes.

Así pois, xa é posible seguir a actualidade do Cluster en: http://twitter.com/clusterticgal

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies