O Cluster TIC Galicia anima aos seus socios a participar no Programa Voluntariado Dixital

O Cluster TIC Galicia anima aos seus socios a participar no Programa Voluntariado Dixital


Dende o Cluster TIC Galicia quérese animar aos socios a participar no Proxecto Voluntariado Dixital, promovido pola AMTEGA, do cal o Cluster TIC Galicia forma parte como Organismo Colaborador.

O Programa Voluntariado Dixital ten como misión incorporar as novas tecnoloxías á vida cotidiana de todos os galegos e galegas mediante a colaboración e compromiso de persoas voluntarias, co obxectivo de movilizar á sociedade cara unha Sociedade da Información e o Coñecemento.

Os obxetivos do Programa Voluntariado Dixital son:

  • Promover a innovación na xestión; Potenciación do uso das novas tecnoloxías pola cidadanía e apoio e consolidación do seu uso no terceiro sector posibilitando a súa autonomía, participación, colaboración e mellora na súa xestión diaria.
  • Promover novos valores na sociedade; Fomentar a responsabilidade da propia sociedade civil a través da dedicación voluntaria de tempos e capacidades, xa sexa a nivel individual ou a través da responsabilidade social empresarial (RSE) por parte do sector privado e outras entidades e organizacións de calqueira ámbito na nosa comunidade.
  • Promover a eficiencia e cooperación: Máis por menos; Contribuír a xerar e difundir a MARCA Voluntariado e Novas Tecnoloxías como unha marca que canalice as diferentes ACCIÓNS SOLIDARIAS na nosa comunidade que inciden directamente na mobilización da cidadanía de cara a Sociedade da Información e o Coñecemento.
Toda a información referida a este proxecto poden atopala na seguinte Web

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies