O Cluster celebrará o 16 de febreiro a súa Primeira Xornada de Negocio e Networking

O Cluster celebrará o 16 de febreiro a súa Primeira Xornada de Negocio e Networking


Baixo o lema “Facendo nacer as oportunidades”, o vindeiro 16 de febreiro celebrarase a primeira edición da Xornada de Negocio e Networking Cluster TIC Galicia, que terá lugar en Santiago de Compostela.

A Xornada será un punto de encontro entre profesionais, empresarios e emprendedores do sector TIC, cun obxectivo moi claro: coñecerse persoal e profesionalmente como primeiro paso para poñer en marcha oportunidades de negocio.

Todos os participantes manterán entre si encontros cara a cara. Un sistema de rotación garantirá que, ao cabo da xornada, cada un dos participantes teña mantido unha entrevista persoal con cada un dos outros participantes. Esta mecánica é ideal para identificar posibles clientes, socios, colaboradores ou provedores. Ou mesmo desenvolver ideas que permitan iniciar liñas de cooperación.

Cada participante disporá de fichas de información sobre todos os demais, coas que poderá preparar os encontros bis a bis.

O Cluster anima a todas as empresas, profesionais e emprendedores do sector TIC a non deixar pasar esta ocasión de facer nacer as oportunidades que permitirán crecer os seus negocios.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies