O Cluster asinou un convenio coa Xunta para definir a estratexia de financiamento do sector TIC

O Cluster asinou un convenio coa Xunta para definir a estratexia de financiamento do sector TIC


O Cluster TIC Galicia e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT) da Xunta de Galicia asinaron un Convenio Marco de Colaboración para a posta en marcha de actividades para o fomento da sociedade da información.
A nova foi adiantada o luns 27 de xuño por Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia, na inauguración do Centro Demostrador TIC de Galicia, en Santiago de Compostela. Nese acto, Feijóo asegurou que a Xunta e o Cluster TIC Galicia definirán conxuntamente "o modelo de financiamento que máis partido saque do potencial que ten este sector na comunidade autónoma". (Ver vídeo)
O Convenio Marco que asinaron, por unha banda, Mar Pereira Álvarez, como secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e, por outra, Rafael Valcarce Baiget, como presidente do Cluster TIC Galicia, terá unha vixencia de dous anos, que poderán ser prorrogados.
O acordo ten por obxecto a realización de actuacións encamiñandas ao desenvolvemento e promoción da Sociedade da Información, en especial as dirixidas á promoción no eido das tecnoloxías da información en Galicia e de impulso do uso das TIC en sectores clave, coa finalidad de que, a partir deles, poidan fluír ao conxunto da sociedade galega.
Este Convenio Marco desenvolverase mediante adendas, a primeira das cales ten por obxecto a definición dunha proposta para a Estratexia de Financiamento do sector TIC.

Ler comunicado da Xunta de Galicia

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies