O boletín ‘A actualidade a un clic’ pasa a ter periodicidade semanal

O boletín ‘A actualidade a un clic’ pasa a ter periodicidade semanal


O boletín de información A actualidade a un clic, que se ven enviando diariamente aos socios do Cluster desde o 30 de xullo de 2010, pasa agora a ter periodicidade semanal.

‘A actualidade a un clic’
seguirá informando das iniciativas, proxectos e logros do Cluster e dos seus socios, así como das principais noticias e actividades do sector, cunha única edición semanal, que se distribuirá os venres pola mañá.

Quérese deste xeito racionalizar a comunicación interna do Cluster, evitando a saturación e mellorando os contidos, nos que se dará o maior protagonismo ás empresas, asociacións e colexios profesionais integrados no Cluster TIC Galicia.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies