Cumprido o prazo para a presentación de candidaturas tanto para formar parte do Comité Estratéxico como para a Presidencia do Cluster TIC Galicia, o listado provisional de candidaturas recibidas é o seguinte:
Candidaturas á Presidencia do Cluster
Candidaturas ao Comité Estratéxico
Asemade, desde a administración do Cluster infórmase de que é necesaria a creación urxente dunha mesa electoral para a celebración da Asamblea Xeral Extraordinaria do 4 de novembro, para a elección dos novos membros tanto do Comité Estratéxico como do Presidente do Cluster TIC Galicia. Esta mesa estará conformada por tres membros do Comité Estratéxico actual e dela quedarán excluidos os cargos en funcións (Presidencia, Vicepresidencia, Tesoureiro e Secretario). A conformación desta mesa electoral non poderá exceder do mércores 2 de novembro de 2011.
Dende a administración do Cluster TIC Galicia agradécese a participación voluntaria nesta mesa electoral. No caso de non existir voluntarios serán elexidos a persoa de maior idade, o de menor idade e un terceiro elexido polos dous membros do COES seleccionados.
Comentarios