Jorge Cebreiros, secretario do Cluster TIC Galicia, modera a mesa "Os roadmaps das organizacións máis innovadores", en SITE

Jorge Cebreiros, secretario do Cluster TIC Galicia, modera a mesa "Os roadmaps das organizacións máis innovadores", en SITE


O secretario do Cluster TIC Galicia, Jorge Cebreiros Arce, é o encargado de moderar esta tarde a mesa "Os roadmaps das organizacións máis innovadores", dentro do Salón Internacional de Tecnología (SITE).

O SITE é un lugar de encontro que durante dous días reunirá a profesionais e impulsores da innovación tecnolóxica na nosa comunidade para falar sobre a súa aplicación estratéxica nas empresas e na Administración.

Afastado do concepto tradicional de congreso integrado por charlas maxistrais, o programa de SITE creouse buscando a máxima axilidade e interactividade. Dúas conferencias (inauguración e clausura), e varias mesas redondas que buscan e propician a participación do público, combínanse con Fast Tracks, pequenas pílulas de información que avanzarán cara a onde apunta o futuro das solucións tecnolóxicas.

Da man de profesionais de referencia, o congreso está a desenvolverse desde un punto de vista global, tanto desde os que innovan para a creación de novas solucións e procesos tecnolóxicos, como desde as entidades que están a marcar a folla de ruta na súa estratexia corporativa para sacar o máximo partido da tecnoloxía en materia de competitividade.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies