Falece Francisco Javier Acosta, que foi director xeral de Egatel e fundador do Clúster TIC Galicia

Falece Francisco Javier Acosta, que foi director xeral de Egatel e fundador do Clúster TIC Galicia


O Clúster TIC Galicia lamenta profundamente o falecemento de Francisco Javier Enrique Acosta Cameselle, que ata finais do ano pasado foi director xeral de Egatel e que participou na fundación da nosa organización.

Acosta naceu en Vigo en 1954 e titulouse como enxeñeiro superior en Telecomunicacións pola Universidade Politécnica de Madrid. Deu os seus primeiros pasos profesionais en Ditelfa e Dipsa, para posteriormente incorporarse a Seirt como director técnico. En 2005 entrou a formar parte de Soluziona Telecomunicaciones, hoxe en día IPT, para dirixir a nacente área de Media e Sistemas Audiovisuais. En outubro de 2006 foi nomeado director xeral de Egatel, cargo que desempeñou ata outubro de 2012. O pasado 19 de abril produciuse o seu falecemento.

Como manifestou Javier Taibo, actual director xeral de Egatel, Francisco Javier Acosta era non só un compañeiro e un gran profesional, senón tamén "un grande amigo".

O seu recordo servirá de inspiración para continuar percorrendo ese "moi longo" camiño que el mesmo sinalaba nunha entrevista publicada no boletín do Clúster do pasado 11 de maio. Un camiño de fortalecemento da capacidade das nosas empresas e do noso sector, en beneficio da sociedade galega. El ensinounos que paga a pena.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies