O grupo de traballo de Globalización e Internacionalización por Sectores comezou a elaboración dun estudio co que se quere coñecer en detalle a experiencia nos mercados foráneos coa que contan as empresas do Cluster, así como os países que consideran preferentes de cara á súa internacionalización.
Con este estudio, o primeiro paso do cal será a elaboración dunha enquisa entre os socios, o grupo quere saber tamén cales son os principais atrancos que se atopan as empresas á hora de saír ao estranxeiro.
As outras dúas prioridades que se ten marcado este grupo de traballo son o establecemento dun marco de colaboración coa Xunta de Galicia para a definición de liñas de axudas e subvencións, e a creación dunha rede de contactos transfronteirizos que poidan servir de apio á realización de misións comerciais ou directamente ás empresas do Cluster que inicien procesos de internacionalización.
None
Comentarios